Categorías
Uncategorized

Simulación: a formación das primeiras estrelas

Créditos do vídeo: Harley Katz (U. Oxfordet al.

Explicación: Cómo se formaron as primerias estrelas? Para atopar cómo, creouse a simulación de ordenador SPHINX de formación de estrelas no universo primixenio, algún dos seus resultados se amosan no vídeo destacado. O tempo dende o Big Bang amósase en millóns de anos na parte superior esquerda. Incluso 100 millóns de anos despois do Big Bang, a materia repartíase demasiado uniformemente ó longo do cosmos como para que as estrelas poidan nacer. Ademáis da radiación de fondo o universo era escuro. Pronto, lixeiros cúmulos de materia rocos en gas hidróxeno escomezan a fusionarse nas primeiras estrelas. No vídeo timelapse, o cor púrpura indica o gas, o branco indica a luz e dorado amosa a radiación tan enerxética que ioniza o hidróxeno, rompéndoo en electróns e protóns cargados. As rexións en color dorado tamén amosan as estrelas máis masivas que morren en potentes supernovas. O círculo do recadro destaca a rexión central que se está a converter nunha galaxia. A simulación continúa ata que o universe ten uns 550 millóns de anos. Para asegurar a veracidade das simulacións do SPHINX e as suposicións que se fuxeron en elas, os resultados non só se están a comparar coas observacións profundas actuáis, senón que tamén se compararán con observacións máis directas do universor primixenio previstas co telescopio pendente da NASA James Web.