Categorías
Uncategorized

Nebulosa de Orión: a visión do Hubble

Créditos da imaxe: NASAESAHubble Legacy ArchiveProcesado: Francisco Javier Pobes Serrano

Explicación: Poucas vistas cósmicas excitan a imaxinación coma a Nebulosa de Orión. Tamén coñecida coma M42, o gas brillante da nebulosa rodea quentres estrelas xóvenes no límite dunha inmensa nube molecular  interestelar a só 1.500 anos luz de distancia. A Nebulosa de Orion ofrece unha das mellores oportunidades de estudiar cómo nacen as estrelas, en parte porque é a rexión de formación de estrelas grande máis próxima, pero tamén porque as estrelas enerxéticas da nebulosa eliminaron as nubes de gas e po que bloqueaban a nosa visión – proporcionando unha vista íntima dunha serie de etapas do nacemento de estrelas e a súa evolución. A imaxe destacada da Nebulosa de Orión está entre as más nítidas da historia, construida a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble. A Nebulosa de Orión completa espállase un 40 anos luz e atópase no mesmo brazo espiral da nosa Galaxia igual que o Sol.