
Explicación: Pode semellar unha Lúa de papel. Navegando xunto a un Sol de lenzo. Pero esas non son nubes de cartón. E non é de mentiran. A imaxe destacada dun ceo coloreado de naranxa é real — unha composición dixital de dúas exposicións da eclipse solar que aconteceu a principios deste mes. A primeira exposición tomouse cun telescopio normal que capturóu un Sol sobreexposto e unha Lúa subexposta, mentras que a segunda imaxe tomouse cun telescopio solar que captou os detalles da cromosfera do fondo do Sol. A textura do Sol coma un lenzo sacouse a relucir por medio de imaxes nun ton moi específico de vermello emitido polo hidróxeno. Varias prominencias poden verse ó redor do bordo do Sol. A imaxe tomouse xusto antes do solpor dende Xilingol, Mongolia interior, China. Tampouco é unha fantasía imaxinar que a Lúa está feita de rocha densa, o Sol feito de gas quente, e as nubes feitas de gotas floatante de auga e xeo.