
Crédito da imaxe: NASA, Cassini, VIMS Team, U. Arizona, U. Leicester, JPL, ASI
Explicación: que produce as auroras de Saturno? Para axudar a encontralo, os científicos estudaron centos de imaxes de Saturno no infravermello feitas pola sonda Cassini con outros propósitos, intentando atopar suficientes imaxes de auroras para correlar os cambios e facer vídeos. Feitos os vídeos, algúns amosaron que as auroras de Saturno poden cambiar no só co ángulo do Sol, máis tamén cando o planeta rota. Ademáis, algúns cambios nas auroras semellan estar relacionados con ondas na magnetosfera de Saturno, probablemente causadas polas súas lúas. Nesta imaxe en falsa cor tomada en 2007 amósanse tres bandas en luz infravermella. Os aneis reflexan a luz solar relativamente azul, mentres que o propio planeta brilla en vermello con menos enerxía. Unha banda de auroras ao sur son visibles en verde. Recentemente atopouse tamén que as auroras quentan a atmosfera superior de Saturno. Entender as auroras de Saturno é un camiño cara ter un mellor entendemento das auroras na Terra.