Categorías
Uncategorized

Andrómeda nun só disparo

Créditos da imaxe e Copyright: Miguel Claro (TWANDark Sky Alqueva)

Explicación: Cómo de lonxe podes ver? A Galaxia de Andrómeda, a 2.5 millóns de anos luz de distancias, é o obxeto máis distante que pode ser visto a simple vista. Outros habitantes dos ceos nocturnos, como estrelas, cúmulos e nebulosas están típicamente a centos ou miles de anos luz de distancia. Eso está moito máis lonxe do Sistema Solar pero atópanse dentro da nosa propia galaxia a Vía Láctea. Tamén coñecida coma M31, a galaxia externa pósase directamente sobre cheminea nesta ben planificado paisaxe celeste nocturno dende una vella mina no sur de Portugal. A imaxe tomouse nunha única exposición, facendo seguimiento do ceo, polo que o primeiro plano está lixeiramente borroso polo movemento da cámara mentres que a propia Andrómeda perfílase en grande. O brillo da rexión central da galaxias, normalmente é todo o visible a simple vista, pode verse extendendéndose cara os brazos espiráis con alcances exteriores máis febles que se espallan unhas 4 lúas cheas ó longo do ceo. Por suposto, en só 5 mil millóns de anos aproxidamente, as estrelas de Andrómeda podería ocupar o ceo nocturno completo cando a Galaxia de Andrómeda se fusione coa Vía Láctea.