Categorías
Uncategorized

Messier 99

Créditos da imaxe: NASAESAHubbleJanice LeeProcesado e texto: Leo Shatz

Explicación: a forma espiral da gran galaxia Messier 99 loce maxestuosa a escala cósmica. Esta imaxe recentemente procesada da galaxia ao completo abrangue máis de 70 000 anos luz. Esta vista nítida é unha combinación de imaxes do Telescopio Espacial Hubble no ultravioleta, visible e infravermello. A uns 50 millóns de anos luz de distancia cara a constelación de Coma Bernices, a galaxia que amosa a súa forma espiral forma parte da veciño Cúmulo Galáctico de Virgo. Tamén catalogada coma NGC 4254, un encontro próximo con outra galaxia do cúmulo de Virgo influiu probablemente na súa forma e nos seus ben definidos brazos espirais de cor azul.