Categorías
Uncategorized

HD 163296: un chorro dende un sistema estelar en formación

Crédito da imaxe: Visible: VLT/MUSE (ESO); Radio: ALMA (ESO/NAOJ/NRAO)

Explicación: como xorden os chorros durante a formación estelar? Ninguén está aínda seguro, pero imaxes recentes do xoven sistema estelar HD 163296 revelan moita información. A estrela central da imaxe amosada estase aínda formando pero xa é visible un disco e un chorro en movemento hacia afora. A imaxe do disco amosado en ondas de radio foi tomada pola Gran Matriz submilimétrica de Atacama (ALMA) en Chile, e amosa os ocos xerados probablemente pola gravidade de planetas moi xóvenes. O chorro, amosado en luz visible tomada dende o Telescopio Moi Grande (VLT, tamén en Chile) expulsa gas a gran velocidade, maioritariamente hidróxeno, dende o disco central. O sistema abrangue centos de veces a distancia da Terra ao Sol (unha unidade astronómica, UA). Os detalles observados nestas novas observacións interprétanse como un apoio ás conxeturas de que os chorros son xerados e formados, polo menos en parte, polos campos magnéticos do disco en rotación. Futuras observacións de HD 163296 e outros sistemas en formación semellantes axudarán a comprender todos os detalles.