Categorías
Uncategorized

A Galaxia dos Cágados dende o Hubble

Créditos da imaxe: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado: Amal Biju

Explicacion: Por qué ten esta galaxia ten esta cola tan longa?  Nesta impresionante vista, baseada nos datos das imaxes do Arquivo do Legado do Hubble (Hubble Legacy Archive), as distantes galaxias forman un dramático telón de fondo para a galaxia espiral desordenada Arp 188, a Galaxia do Cágado. O cágado cósmico atópase a só uns 420 millóns de anos luz de distancia cara a constelación do norte do Dragón (Draco). A súa chamativa cola ten unha lonxitude duns 280 mil anos luzs e conta con enormes e brillantes cúmulos de estrelas azuis. Unha historia conta que unha galaxia intrusa máis compacta cruzou por fronte de Arp 188 – de dereita a esquerda nesta vista – e foi lanzada por detrás do Galaxia do Cágado pola súa atracción gravitacional. Durante o seu encontro cercano, as forzas de marea botaron fóra da galaxia espiral as estrelas, gas e po formando unha espectacular cola. A galaxia intrusa por sí mesma, estímase que se atopa a uns 300 mil anos luz detrás do Cágado, pode verse a través dos brazos espirais da parte superior dereita. Ó igual que a súa homónima terreste, a Galaxia do Cágado, probablemente perderá a súa cola a medida que se faga máis vella, e os cúmulos de estrelas da cola formarán satélites máis pequenos da gran galaxia espiral.