Categorías
Uncategorized

Mencer do Solsticio sobre Stonehenge

Créditos da imaxe e Copyright: Max AlexanderSTFCSPL

Explicación: Hoxe o Sol alcanza o punto mais ó norte no ceo do planeta Terra. Chamado solsticio, moitas culturas marcan esta data como un cambio de estacións: dende primaveira a verán no hemisferio Norte da Terra e dende o outono ó inverno no hemisferio Sur da Terra. Precisamente, o único momento do solsticio acontece hoxe para algunhas partes do mundo, pero mañán para outras rexións. A imaxe destacada tomouse durante a semana solsticio do verán de 2008 en Stonehenge no Reino Unido, e captura un pinturesco mencer no que aparecen néboa, árbores, nubes, pedras colocadas fai uns 4.500 anos e un gran orbe brillante de 4.500 millóns de anos. Inclus tendo en conta a precesión do eixo de rotación da Terra ó longo dos milenious, o Sol continúa a saír sobre Stonehenge dunha forma astronómicamente significativa.