Categorías
Uncategorized

Luscofusco de verán no norte

Créditos da imaxe e Copyright: Justin Anderson

Explicación: As noites decrecen e os días aumentan a medida que o solsticio do verán se aproximase no norte. Normalmente vistas a altas altitudes nos meses de verán, as nubes noctilucentes ou nubes de brillo nocturno comezan a facer a súa aparición. Á deriva, preto do límite do espacio a uns 80 quilómetros sobre a superficie da Terra, estas nubes de xeo seguían a reflexar a luz solar o 14 de xuño. A pesares de que o Sol se atopaba por baixo do horizonte visto ó norte de Forrest, Manitoba, Canada, capturáronse nunha exposición única preto do luscofusco de medianoite. Múltiples exposicións do primeiro plano seguen o escintileo de baixa altitude dos vagalumes, outra aparición fugaz que brilla na noite de verán.