
Créditos da imaxe e Copyright:Joe Navara, Glenn Clouder, Russell Discombe
Explicación: NGC 6888, tamén coñecido como a Nebulosa Crecente, abrangue uns 25 anos luz arrastrada polos ventos da súa brillante estrela masiva central. O triunvirato de astrofotógrafos (Joe, Glenn, Russell) crearon esta nítida imaxe desta burbulla cósmica. Para esta colaboración telescópica realizada durante 30 horas, empregaron datos de banda estreita illando a luz do hidróxeno e osíxeno atómicos. Os átomos de osíxeno producen unha luz azul-verdosa que semella envolver os detalles e filamentos. Visible na nebulosa, a estrela central de NGC 6888 clasifícase como tipo Wolf-Rayet (WR 136). A estrela estase desprendendo das súas capas externas nun violento vento estelar, expulsando o equivalente a unha masa solar cada 10 000 anos. A estructura complexa da nebulosa é probablemente o resultado destos fortes ventos interactuando co material expulsado na fase anterior. Queimando combustible a un ritmo vertixinoso e preto do final da súa vida estelar, esta estrela rematará estoupando nunha espectacular supernova. Atopada na poboada constelación do Cisne, NGC 6888 atópase a uns 5 000 anos luz.