Créditos do video e Copyright: Mike Olbinski; Música: Impact Lento (Kevin MacLeod, Incompetech)
Explicación: Iso é unha nube ou unha nave alieníxena? É unha inusual e ás veces perigoso tipo de nube tormentosa chamada supercélula. As supercélulas poden orixinar daniños tornados, saraiba, refachos de vento ou chuvias torrenciais. Ou simplemente poden ter un aspecto impresionante. Unha supercélula alberga un mesociclón; unha columna ascendente de aire rodeada por correntes de aire descendentes. As Supercélulas poden acontencer sobre moitos lugares da terra pero son particularmente comúns en Tornado Alley (o calexón do tornado) nos Estados Unidos. Os destacados aquí son catro secuencias no tempo dunha supercélula no ano 2013 rotando por riba e movéndose a través de Booker, Texas. No vídeo captúranse novas nubes formándose preto do centro da tormenta, po que se arremuíña no chan, relampos que alumean as nubes superiores, todo mentres o impresionante complexo esculpido rota ominosamente . Finalmente, despois dunhas poucas horas como se amosa no final da secuencia, unha densa chuvia cae cando a tormenta comenza a se extinguir.