
Explicación: As eclipses tenden a vir e pares. Dúas veces ó ano, durante unha sesión de eclipses que dura uns 34 días, o Sol, a Lúa e a Terra poden estar preto de aliñarse. Entón, as fases da Lúa chea e nova, separadas por case 14 días, crean unha eclipse lunar e solar. Con frecuencia as eclipses parciais forman parte de calquera tempada de eclipses. Pero ás veces a alineación nas fases de lúa nova e lúa chea durante unha mesma tempada de eclipses é o suficientemente próxima coma para producir un par de eclipses lunares e solares totales (ou un total e outro anular). Para esta tempada de eclipses, a Lúa Nova que segue a eclipse total lunar o 26 de Maio orixinou unha eclipse solar anular ó longo da traxectoria norte da sombra. Esa eclipse vese aquí coma un mencer parcialmente eclipsado o 10 de xuño, fotografado dende un peirao de pesca en Stratford, Connecticut no noreste de Estados Unidos.