Categorías
Uncategorized

Unha nova brillante en Casiopea

Créditos da imaxe e Copyright: Chuck Ayoub

Explicación: Qué é ese novo brillante punto de luz en Casiopea? Unha nova. A pesares de que as novas ocurren con frecuencia ó longo do universo, esta nova, coñecida coma Nova Cas 2021 ou V1405 Cas, volveuse tan inusalmente brillante nos ceos da Terra o mes pasado que era visible a simple vista. A nova Cas 2021 brillou primeiro a mediados de marzo pero entón, inesperadamente, volveuse aínda máis brillante a mediados de maio e ficou bastante brillante durante aproximadamente unha semana. A nova entón esvaeceuse de volta ós niveis de primeiros de maio, pero agora volve a brillar lixeiramente e continúa visible a través de prismáticos. Identificada pola frecha, a nova aconteceu cara a constelación de Casiopea, non lonxe da Nebulosa da Burbulla. Unha nova soe estar provocada típicamente por unha explosión termonuclear sobre a superfice dunha estrela anana branca que está a acumular materia dende unha estrela binaria compañeira — aínda que os detalles deste estourido aínda son actualmente descoñecidos. As novas non destrúen a estrela subxacente, e algunhas veces obsérvase que se repiten. A imaxe destacada creouse a partires de 14 horas de imaxes dende DetroitMichiganUSA. Tanto astrónomos profesionais como afeccionados probablemente continuarán a monitorizar Nova Cas 2021 e formularán hipóteses sobre os detalles que a causaron.