
Explicación: A erosionada e estratificada cara do Mount Mercou asómase no primeiro plano deste mosaico da cámara do mástil do rover Curiosity Mars. Feita a partires de 21 imaxes individuáis, a escena gravouse xusto despois do solpor do 19 de marzo, o día marciano 3.063 do Curiosity na exploración en marcha do Planeta Vermello. No luscofuco marciano, as nubes altas aínda brillan, reflexando a luz solar por debaixo do horizonte local coma as nubes noctilucentes do planeta Terra. A pesares de que as nubes de auga de xeo desprázanse a través da fina atmósfera marciana, estas febles nubes atópanse tamén a altitudes extremas e poderían estar compostas por dióxido de carbono conxelado, en forma de cristáis de xeo seco. A cámara do mástil do Curiosity tamén fotografou nubes nacaradas que enganden sutiles cores ó ceo marciano.