Categorías
Uncategorized

Fíos de NGC 1947

Crédito da imaxe: ESA/Hubble e NASA, D. Rosario; Recoñecemento: L. Shatz

Explicación: nos ceos do sur, afundida na beira da constelación do Dourado, NGC 1947 atópase a uns 40 millóns de anos luz de nós. Facendo unha silueta contra a luz das estrelas, liñas escuras de po cósmico tecen un fío ao través das rexións brillantes centrais da galaxia. Ao contrario ca rotación das estrelas, o gas e o po que conforman os brazos das galaxias espirais, o movemento do po e o gas non siguen o movemento das estrelas en NGC 1947. Este movemento desconectado máis complexo suxire que os fíos visibles de po e gas poden provir dunha galaxia doante, atraídos por NGC 1947 durante os últimos tres mil millóns de anos de evolución estelar. Con estrelas da Vía Láctea en primeiro plano e galaxias máis lonxanas repartidas polo fondo, está nítida imaxe do Hubble abrangue uns 25 000 anos luz preto do centro de NGC 1947.