Categorías
Uncategorized

Marte e as Pléiades máis alá de Vinegar Hill

Crédito da imaxe e Copyright: Kristine Richer

Explicación: trátase dunha árbore solitaria nun outeiro baleiro? Pode parecelo, pero mira máis atrás. Alo, un universo ateigado agarda para ser descuberto. Primeiro, físicamente á esquerda da árbore atópase Marte. O planeta vermello que é o novo fogar do rover da NASA Perseverance, é visible o que queda deste mes durante o solpor sobre o horizonte ao oeste. Á dereita da árbore atópanse as Pléiades, un cúmulo de estrelas brillantes dominado por estrelas azuis. A imaxe amosada é unha composición de diversas imaxes do fondo e do primeiro plano feitas cunhas poucas horas de separación das outras a comezos do mes dende a mesma localización en Vinegar Hill, en Milford, Nova Escocia, Canadá. Nese momento, Marte pasaba lentamente, noite tras noite, prácticamente por diante do distante cúmulo das Sete Irmás. A próxima vez que Marte pasa preto angularmente das Pléiades como fixo en marzo será no ano 2038.