Categorías
Uncategorized

Dentro, a través e máis aló dos anéis de Saturno

Créditos da imaxet: Equipa de Imaxes CassiniISSJPLESANASA

Explicación: Catro lúas son visibles na imaxe destacada — podes atopalas todas? A primeira — e a máis lonxana no fondo da imaxe — é Titan, a lúa máis grande de Saturno e unha das lúas máis grandes no Sistema Solar. A característica escura a través da parte superior deste mundo perpetuamente toldado é a campá polar norte. A seguinte lúa máis evidente é a brillante Dione, visible no primeiro plano, chea de cráteres e grandes cantís de xeo. Sobresaen á esquerda varios dos extensos anéis de Saturno, incluído o anel A de Saturno, destacando a escura división Encke. No extremo dereito, xusto fora dos aneis, atópase Pandora, unha lúa de só 80 quilómetros de diámetro que axuda a guiar ó anel F de Saturno. A cuarta lúa? Se miras con atención dentro dos anéis de Saturno, na División Encke, atoparás unha mota que é realmente Pan. Aínda que é unha das lúas máis pequenas de Saturno, con 35 quilómetros de diámetro, Pan é suficiente masiva para axudar a manter a división Encke relativamente libre de partículas do anel. Despois de máis dunha década de exploración e descubrimentos, a sonda Cassini quedou sen combustible no ano 2017 e dirixiuse para entrar na atmosfera de Saturno, onde seguramente se fundiu.