
Explicación: Este popular grupo salta nos primeiros ceos do atardecer arredor do equinocio de Marzo e da primaveira do hemisferio norte. Famosas coma o Triplete de Leo, as tres magníficas galaxias que se atopan na prominente constelación de Leo xúntanse aquí nun campo de visión astronómico. Un pracer de masas cando se observan incluso con modestos telescopios, poden presentarse individualmente como NGC 3628 (dereita), M66 (arriba á esquerda), e M65 (abaixo). As tres son grandes galaxias espirais pero tenden a semellar distintas, posto que os seus discos galácticos están inclinados en diferentes ángulos respecto á nosa liña de visión. NGC 3628, tamén coñecida coma a Galaxia da Hamburguesa, vese tentadoramente de canto, con escuras liñas de po atravesando o seu hinchado plano galáctico. Os discos de M66 e M65 están ambos o suficientemente inclinados para amosar a súa estructura espiral. As interacción gravitacionais entre as galaxias do grupo deixaron sinais reveladoras, incluindo a cola de marea e o disco deformado e inflado de NGC 3628 e os brazos espirales estirados de M66. Esta espectacular vista da rexión abrangue máis dun grado (dúas lúas cheas) no ceo nun marco que cubre máis de medio millón de anos luz á distancia estimada do trío de máis de 30 millóns de anos luz. Por suposto as estrelas en primerio plano atópanse dentro da nosa propia Vía Láctea.