Categorías
Uncategorized

O buraco negro central de M87 en luz polarizada

Crédito da imaxe: Event Horizon TelescopeCollaborationTexto: Jayanne English (U. Manitoba)

Explanation: tal como dixo Carl Sagan: “se queres que os buracos negros emitan chorros, primeiro necesitas campos magnéticos”. A imaxe amosada representa a detección da dirección do espín intrínseco (polarización) das ondas de radio. A polarización prodúcese polo intenso campo magnético que rodea o buraco negro super masivo do centro da galaxia espiral M87. As ondas de radio detectáronse polo Telescopio do Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope, EHT) que combina datos de radiotelescopios distribuídos por todo o mundo. A estructura da polarización, cartografiada empregando liñas de fluxo xeneradas por ordenador amósanse superpostas á famosa imaxe do EHT do buraco negro, publicada en 2019. O campo magnético completo en 3D é máis complexo. As análises preliminares, amosan que porcións do campo rotan ao redor do buraco negro xunto co disco de material, como se esperaba. Sen embargo, a outra compoñente do campo vira verticalmente cara fora do buraco negro. Esta compoñente podería explicar como a materia resístese a caer dentro e é lanzada no chorro de M87.

Categorías
Uncategorized

Tormenta de espectros vermellos sobre os Andes

Crédito da imaxen e Copyright: Yuri Beletsky (CarnegieLas Campanas ObservatoryTWAN)

Explicación: que son eses filamentos vermellos no ceo? Trátanse dunha estraña forma de lóstregos confirmados só fai trinta anos: os espectros vermellos. Investigacións recentes amosan que despois dun poderoso lóstrego entre unha nube e o chan, os espectros vermellos poden comezar como esferas de 100 metros de aire ionizado que descenden dende uns 80 quilómetros a unha décima parte da velocidade da luz e veñen seguidas rápidamente por un grupo de raios ionizados ascendentes. A imaxe amosada tomouse a principios de ano dende o observatorio de Las Campanas en Chile, sobre os Andes xa en Arxentina. Os espectros vermellos fórmanse só durante unha fracción de segundo e son máis fácilmente visibles cando as treboadas potentes vense dende un lado.

Categorías
Uncategorized

M64: a galaxia do Ollo Negro

Créditos da imaxe: ESA/Hubble & NASA & the PHANGS-HST Team
AgradecementosJudy Schmidt

Explicación: Quen sabe que maldade se esconde nos ollos das galaxias? O Hubble sábeo, ou no caso da galaxia espiral M64 está a axudar a pescudalo. Messier 64, tamén coñecida como a galaxia do Ollo Negro ou da Bela Dormente, pode parecer que ten o mal no ollo porque todas as súas estrelas viran na mesma dirección que o gas interestelar na rexión central da galaxia, pero na dirección oposta nas rexións exteriores. Captadas aquí con gran detalle polo telescopio espacial Hubble, en órbita terrestre, as enormes nubes de po escurecen o lado próximo da rexión central de M64, que está salpicado do revelador brillo avermellado do hidróxeno asociado á formación de estrelas. M64 atópase a uns 17 millóns de anos luz de distancia, o que significa que a luz que vemos hoxe en día partiu cando o último devanceiro común entre humanos e chimpancés vagaba pola Terra. O ollo cheo de po e a estraña rotación son probablemente o resultado dunha fusión de dúas galaxias diferentes fai mil millóns de anos.

Categorías
Uncategorized

SuitSat-1: un traxe espacial flota libremente

Image Credit: Tripulación da Expedición 12 da ISSNASA

Explicación: Un traxe espacial alonxouse flotando dende a Estación Espacial International fai 15 anos, pero non se fixo ningunha investigación. Todo o mundo sabía que fora empurrado pola tripulación da estación espacial. Bautizado como Suitsat-1, o innecesario traxe espacial ruso Orlan recheo maiormente con vellas roupas equipouse cun feble radio transmisor e liberouse para orbitar a Terra. O traxe orbitou dúas veces a Terra antes de que a súa sinal de radio se volvese inesperadamente feble. Suitsat-1 continuou a orbitar cada 90 minutos ata que se queimou na atmósfera da Terra ó cabo dunhas semanas. Na imaxe, o traxe espacial sen vida foi fotografado en 2006 xusto cando se alonxaba da estación espacial.

Categorías
Uncategorized

Explorando Antennae

Créditos da imaxe e Copyright: Bernard Miller

Explicación: A uns 60 millóns de anos luz de distancia na austral constelación do Corvo, dúas grandes galaxias están a colisionar. As estrelas das dáus galaxias, catalogadas como NGC 4038 e NGC 4039, moi raramente colisionan no curso do laborioso cataclismo que dura centos de millóns de anos. Pero as grandes nubes de gas molecular e po das galaxias sí o fan frecuentemente desencadeando episodios furiosos de formación de estrelas preto do centro das ruinas cósmicas. Espallándose máis de 500 mil anos luz, esta maravillosa vista tambén amosa novos cúmulos estelares e materia guindada lonxe da escea do accidente polas forzas de marea gravitacional. A remarcablemente nítida imaxe tomada dende a Terra inclúe datos de banda estreita que resaltan o brillo vermello caracteristístico do gas hidróxeno atómico nas rexións de formación de estrelas. A suxerente apariencia visual xeral das estrucdturas arqueadas extendidas proporciona á parallea de galaxias o sen nome popular – Antenas (ou Antennae)