Categorías
Uncategorized

O lugar de aterraxe do Perseverance dende o Mars Reconnaissance Orbiter

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/MSSS

Explicación: Visto dende a órbita un día despois da dramática chegada á superficie marciana, o lugar de aterraxe da Perseverance identifícase nesta vista de alta resolución dende o Mars Reconnaissance Orbiter. A imaxe da cámara do orbitador tamén revela a localización da etapa de descenso da misión Mars 2020, o escudo térmico, o paracaídas e o cuberta traseira que transportou á Perseverance ata a superfice de Marte. Cada recadro anotado exténdese 200 metros (650 pes) ó longo do solo do Cráter Jezero. Perseverance está localizado no centro do patrón creado polos escapes dos foguetes da etapa de descenso que mantivo suspendida e baixou ó rover ata a superficie. Seguindo a maniobra da grúa aérea, a etapa de descenso alonxouse ata unha distancia segura para o rover, e o seu lugar de descanso final está indicado por un patrón de refugallos escuros en forma de V. Ó caer á superficie pouco despois da súa separación na secuencia de aterraxe, as localizacións da coraza térmicao paracaídas e a coraza traseira están marcadas na imaxe de alta resolución dende a órbita de Marte.