Categorías
Uncategorized

Galaxia espiral M66 vista polo Hubble

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleJanice LeeProcesado e Copyright: Leo ShatzTexto: Karen Masters

Explicación: sempre é bo ter unha nova vista dun vello amigo. Esta espectacular imaxe cercana da galaxia espiral M66 feita polo Telescopio Espacial Hubble é sinxelamente eso. A galaxia espiral M66 cunha pequena barra central é membro do triplete de galaxias de Leo, un grupo de tres galaxias a uns 30 millóns de anos luz de distancia dende aquí. O triplete de Leo é un obxectivo popular de telescopios relativamente pequenos, en parte por que M66 e as súas compañeiras M65 e NGC3628 teñen unha separación angular entre elas semellante a unha Lúa chea. A imaxe do Hubble de M66 axuda a investigar a conexión entre a formación estelar e as nubes de gas molecular. Son claramente visibles as estrelas máis azuis e as nubes de hidróxeno ionizado de cor rosa espalladas ao longo dos brazos espirais, así como as liñas escuras de po nas cales pode esconderse máis formación estelar.