Categorías
Uncategorized

Video: Perseverance aterrando en Marte

Créditos do video: NASA/JPL-CaltechMars 2020 Mission Team

Explicación: como é aterrar en Marte? Para ter unha mellor monitorización dos instrumentos implicados na entrada, descenso e aterraxe do rover Perseverance en Marte a semana pasada, incluíronse cámaras con capacidade de vídeo que retornaron agora as imaxes captadas. A composición de 3 minutos e medio amosa o comezo da manobra ca apertura do inmenso paracaídas que frea á nave cando entra na atmosfera marciana. A continuación o escudo térmico sepárase e cae. Mentras Perseverance descende, Marte faise máis grande na vista e o detalle da superficie aumenta. Despois de 2 minutos no vídeo, o paracaídas é liberado e Perseverance comeza a aterraxe cos seus foguetes que levantan o po da superficie. A grúa voadora (Sky Crane) pousa a Perseverance suavemente na superficie e axiña lisca do lugar. O rover robotizado Perseverance comezará agora a súa exploración do antigo cráter Jezero, incluíndo a busca de sinais de vida que existiran algunha vez no planeta veciño da Terra.