Categorías
Uncategorized

NGC 2244: Un cúmulo estelar na Nebulosa Roseta

Créditos da imaxe e CopyrightDon Goldman

Explicación: No corazón da Nebulosa da Roseta atópase un brillante cúmulo aberto de estrelas que ilumina a nebulosa. As estrelas de NGC 2244 formáronse a partires do gas circundante fai só uns poucos millóns de anos. A imaxe destacada, tomada en xaneiro empregando múltiples exposicións e cores moi específicas do Xofre (sombreado en vermello), Hidróxeno (verde), e Osíxeno (azul), captura a rexión central con grandísimo detalle. Un vento de partículas afástase do cúmulo de estrelas e contribúe a unha xa complexa colección de filamentos de gas e po mentres vacía paseniñamente o centro do cúmulo. O centro da Nebulosa da Roseta mide uns 50 anos luz de diámetro, atópase a uns 5.200 anos luz de distancia, e é visible con prismáticos cara a constelación do Unicornio (Monoceros).