Categorías
Uncategorized

Perseverance: como aterrar en Marte

Créditos da imaxe: NASAJPLMars 2020

Explicación: Pendurada baixo a súa etapa de descenso propulsada por foguetes, Perseverance colga só uns poucos metros por riba da superficie marciana, capturada aquí momentos antes da súa aterraxe o 18 de febreiro no Planeta Vermello. A impresionante vista foi posterior a unha intensa viaxe de 7 minutos dende a parte superior da atmósfera marciana. Parte dun vídeo de alta resolución, a imaxe tomouse dende a etapa de descenso durante a manobra final de aterraxe mediante grúa aérea. Tres cables mecánicos duns 7 metros de lonxitude son visibles suxeitando a Perseverance, xunto cunha conexión eléctrica umbilical que proporciona sináis (coma esta imaxe) a un computador a bordo do rover do tamaño dun vehículo. Baixo Perseverance os fluxos de po marciano levántanse dende a superfice debido ós motores dos foguetes de descenso. Inmediatamente despois da amartizaxe, os cables liberáronse permitindo á etapa de descenso voar ata una distancia segura antes de esgotar o seu combustible tal e como estaba planificado.