Categorías
Uncategorized

Mars Perseverance Sol 0

Créditos da imaxe: NASAJPLMars 2020

Explicación: Despois de 203 días, unha viaxe interplanetaria, e sete minutos de terror, Perseverance posouse sobre Marte. A confirmación do éxito da amartizaxe foi anunciada polo Jet Propulsion Laboratory da NASA no sur de California ás 12:55 pm PST (Pacific Time, 8:55 pm UTC) do 18 de febreiro. A cámara de prevención de riscos dianteira esquerda (Hazcam) do rover do tamaño dun coche tomou esta imaxe inicial en baixa resolución pouco despois da aterraxe no Sol 0 da misión. A cuberta protectora está aínda sobre a cámara, pero a sombra do Perseverance, agora o rover máis ambicioso enviado ó Planeta Vermello é visible a través da súa proxección na superficie marciana.