Categorías
Uncategorized

Alpes Suizos, ceo marciano

Crédito da imaxe e Copyright:Jens Bydal

Explicación: tomada o 6 de febreiro, esta montaña nevada fotografouse preto de Melschsee-Frutt, no centro de Suiza, na Terra. A cor vermella da luz diurna e o brillo azulado entorno ao Sol do mediodía semellan as cores do ceo marciano. Por suposto, ambos mundos teñen o mesmo Sol. Dende Marte, o Sol só brilla a metade e vese con 2/3 do seu tamaño comparado coa súa apariencia dende a Terra. Erguéndose dende a superficie, finas partículas de po rico en óxidos de ferro suspéndense na fina atmosfera marciana facendo vermello ao Planeta Vermello. Este po absorbe a luz solar azul tinguindo Marte de cor vermella, mentres que a dispersión fai que a luz sexa lixeiramente azulada preto do pequeno e máis feble sol marciano. Normalmente a atmosfera máis densa da Terra dispersa moito máis a luz azul provocando o terrestre ceo azul. Pero o 6 de febreiro, unha inmensa nube de po cruzou o Mediterráneo dende o deserto do Sahara chegando aos Alpes suizos, atenuando o Sol e tinguindo o mediodía alpino cas cores do ceo marciano. O día seguinte, só a neve permanecía cuberta polo po vermello.