Categorías
Uncategorized

Columna solar con arco tanxente superior

Crédito da imaxe e Copyright: Mike Cohea

Explicación: non foi a típica columna solar. Fai dúas semanas, xusto despois do amencer en Providence, Rhode Island, EEUU, un fotógrafo mirando pola súa fiestra ficou abraiado. O asombro debeuse a unha columna solar dispersándose na cima. As columnas solares son singulares columnas de luz que van cara o Sol, son moi raras de ver e a causa é o reflexo da luz solar en discos de xeo de forma hexagonal caendo na atmosfera da Terra. Por separado, os arcos tanxentes superiores aparecen cando a luz do Sol refracta ao través de tubos de xeo de forma hexagonal. Atopar unha columna solar conectada ao arco tanxente superior é extraordinario, e inicialmente foi necesario certo análise para entender o que sucedía. A principal teoría é que a columna solar creouse dun xeito complexo e infrecuente mediante tubos de xeo caendo do ceo. É posible que un fenómeno tan extraordinario non sería visto de novo se non fora pola axilidade do fotógrafo e pola cámara do seu teléfono intelixente.