Categorías
Uncategorized

Perseverance: sete minutos ata Marte

Crédito do video: NASAJPL

Explicación: é moi dificil aterrar con seguridade en Marte? É tan complicado que fallaron moitos máis intentos dos que tiveron éxito. O seguinte intento será o xoves. O maior problema é que a atmosfera marciana é demasiado densa como para ignorala ou a nave derretirase. En cambio, a atmosfera tamén é demasiado feble para os paracaídas, polo que a nave pode estrelarse. Entón, como se amosa no video, a nave perderá a maior parte da súa velocidade desplegando un inmenso paracaídas supersónico para despois empregar cohetes, e así finalmente, asumindo que todo foi ben, a maniobra culminará coa grúa aérea (Sky Crane) que depositará suavemente o rover Perseverance, do tamaño dun coche, sobre a superficie marciana coa axuda de cables. Pode soar un pouco tolería, pero o rover Curiosity aterrou en Marte empregando un método similar en 2012. Dende a entrada atmosférica ata tocar a superficie pasarán uns sete minutos, durante os cales o ordeador de abordo dirixirá a operación xa que Marte está demasiado lonxe para que exista una comunicación interactiva rápida. Durante este tempo, os humanos na Terra simplemente esperarán ate escoitar se a aterraxe foi un éxito. A semana pasada, a sonda Hope dos EAU entrou na órbita de Marte, seguida un día máis tarde pola sonda chinesa Tianwen-1, que probablemente desplegará o seu propio rover durante os próximos meses.