Categorías
Uncategorized

Nebulosa Roseta de talo longo

Créditos da imaxe e Copyright: Adam Block & Tim Puckett

Explicación: Parecería tan doce a Nebulosa Roseta con calquera outro nome? A insulsa designación do Novo Catálogo Xeral de NGC 2237 non semella disminuir a apariencia desta florida nebulosa de emisión, na parte superior da imaxe, sobre un longo talo de brillante gas hidróxeno. Dentro da nebulosa atópase un cúmulo aberto de brillantes xóvenes estrelas nomeadas coma NGC 2244. Estas estrelas formáronse fai uns catro millóns de anos a partires do material nebular e os seus ventos estelares están limpando un buraco no centro da nebulosa, aillado por unha capa de po e gas quente. A luz ultravioleta das estrelas quentes do cúmulo provoca que a nebulosa circundante brille. A Nebulosa Roseta espállase uns 100 anos luz de diámetro, atópase a uns 5.000 anos luz de distancia, e pode verse cun pequeno telescopio hacia a constelación do Unicornio (Monoceros).