Categorías
Uncategorized

O Cisne: mosaico 2010 – 2020

Crédito da imaxe e Copyright: J-P Metsavainio (Astro Anarchy)

Explicación: como pinceladas de po interestelar e gas brillante, esta bela vista do ceo cruza o plano da Vía Láctea preto do extremo norte do Gran Val e da Constelación do Cisne. Composta ao longo dunha década con máis de 400 horas de observacións, o gran mosaico esténdese a impresionante cantidade de 28×18 graos no ceo. A estrela alfa do Cisne, a brillante, quente e superxigante Deneb aparece á esquerda. Poblada por estrelas e luminosas nubes de gas, o Cisne é tamén o fogar da escura Nebulosa Saco de Carbón e das rexións de formación estelar NGC 7000, a Nebulosa de Norteamérica e IC 5070, a Nebulosa do Pelícano, xusto á esqueda e baixo Deneb. Moitas outras nebulosas e cúmulos estelares pódense observar ao longo das escena cósmica. Por suposto, Deneb tamén é coñecida polo astrónomos do hemisferio norte pola súa posición en dous asterismos, formando o vértice do Triángulo estival e o punto superior da Cruz do Norte.