Categorías
Uncategorized

Disparando láseres para calmar o ceo

Crédito da imaxe e Copyright: Juan Carlos Muñoz / ESOTexto: Juan Carlos Muñoz

Explicación: por que escintilean as estrelas? A nosa atmosfera é a culpable xa que o aire en movemento continuo distorsiona a traxectoria dos raios de luz dos obxectos astronómicos distantes. A turbulencia atmosférica é un problema para os astrónomos xa que difumina as imaxes das fontes de luz que se queren estudar. O telescopio amosado nesta imaxe, localizado no Observatorio Paranal da ESO está equipado con catro láseres para loitar contra esta turbulencia. Os láseres están axustados a unha cor que excita os átomos de sodio deixados por meteoros nas capas altas da atmosfera. Os puntos de sodio brillante actúan como estrelas artificiais e o seu escintileo é gravado e transferido a un espello flexible que se deforma centos de veces por segundo, contrarrestando a turbulencia atmosférica e resultando en imaxes de maior nitidez. A redución do escintileo de estrelas é un campo da tecnoloxía en desenvolvemento que permite nalgúns casos tomar imaxes como as do Hubble dende a superficie da Terra. Esta técnica tamén levou ao desenvolvemento de aplicacións no campo da ciencia da visión humana, empregándose para obter imaxes de moi alta resolución da retina.