Categorías
Uncategorized

Estrelas rezagadas azuis no Cúmulo Globular M53

Créditos da imaxe: ESA/HubbleNASA

Explicación: Se o noso Sol fose parte deste cúmulo estelar, o ceo nocturno brillaría coma un xoieiro de brillantes estrelas. Este cúmulo, coñecido coma M53 e catalogado como NGC 5024, é un dos aproximadamente 250 cúmulos globulares que sobreviven na nosa Galaxia. A maioría de estrelas en M53 son máis vellas e máis vermellas que o noso Sol, pero algunhas enigmáticas estrelas semellan ser máis azuis e novas. Estas estrelas xóvenes poderían contradecir a hipótese de que tódalas estrelas en M53 se formasen aproximadamente ó mesmo tempo. Estas inusuais estrelas son coñecidas como rezagadas azuis e son inusualmente comúns en M53. Despois de moito debate, agora pénsase qeu as as rezagadas azuis son estrelas rexuvencidas por materia fresca que provén dunha estrela binaria compañeira. Ó analizar imaxes de cúmulos globulares coma a imaxe destacada tomada polo Telescopio Espacial Hubble, os astrónomos empregan a abundancia de estrelas coma as rezagadas azuis para axudar a determinar a idade do cúmulo globular e, polo tanto un límite na idade do Universo. M53, visible con prismáticos cara a constelación da Cabeleira de Bernice (Coma Berenices), contén máis de 250.000 estrela e é uno dos máis lonxanos cúmulos globulares dende o centro da nosa Galaxia.