Categorías
Uncategorized

Unha noite no inverno do Norte

Créditos da imaxe e Copyright: Lukasz Zak

Explicación: A neve cubre o chan nesta serena vista do bosque e o ceo. Ensamblados nunha proxección panorámica de 360 grados, os fotogramas do mosaico capturáronse a finais de xaneiro ó longo dunha tranquila estrada rural preto de Siemiony, no noreste de Polania, planeta Terra. A noita era fría e entre as árbores que alcanzan o ceo brillan as estrelas e as nebulosas da Vía Láctea do inverno boreal. Preto do cenit atópase a brillante estrela Capella, a uns 43 anos luz sobre as copas das árbores. Estrela alpha da constelación de Auriga e parte do asterismo do hexágono do inverno, Capella é un sistema estelar doble ben estudiado. Seguindo a Vía Láctea por riba e á dereita de Capella pódense ver as familiares estrelas de Orion na noite invernal do norte.