Categorías
Uncategorized

O Apolo 14 diríxese a casa

Créditos da Imaxe: Apollo 14NASA, JSC, ASU (Reprocesado da imaxe: Andy Saunders)

Explicación: Hai cincuenta anos este Domingo (7 de Febreiro de 1971), a tripulación do Apolo 14 deixou a órbita lunar e puxo rumbo a casa. Observaron este amencer terrestre dende o seu módulo de comando Kittyhawk. Co sol crecente da Terra xusto asomando sobre o horizonte lunar, o terreo de cráteres no primeiro plano está no lado mais lonxano da Lúa. Por suposto, mentres orbitaban a Lúa, a tripulación podía ollar a saída e a posta da Terra, pero dende a superficie lunar a Terra permanecía inmóvil no ceo sobre o seu lugar de aterraxe na Base Fra Mauro. Mostras de rochas traídas dende Fra Mauro incluiron unha rocha 6 quilogramos alcumada Big Berta (Gran Berta), que se determinou que probablemente contiña un fragmento dun meteorito chegado dende o planeta Terra. A bordo do Kittyhawk durante a misión do Apolo 14 gardouse un tarro de 400-500 semillas que logo creceron como Árbores Lunares.