Categorías
Uncategorized

Apolo 14: unha vista dende o Antares

Crédito da imaxe: Edgar Mitchell, Apollo 14NASAMosaico: Eric M. Jones

Explicación: este venres fai 50 anos, o Módulo Lunar Antares do Apolo 14 pousouse sobre a Lúa. Cara o final da estancia na superficie o astronauta Ed Mitchell realizou unha serie de fotografías da superficie lunar mirando dende a xanela da nave, ensambladas hoxe neste mosaico creado por Eric Jones, editor do Apollo Lunar Surface Journal. As vistas esténdense ao longo da rexión de Fra Mauro ao noroeste do lugar de alunizaxe, despois de que os astronautas do Apolo 14 remataran o seu segundo e derradeiro paseo lunar. Destacando en primeiro plano atópase o Transporte de Equipamento Modular, unha carreta de dúas rodas empregada para o traslado de ferramentas e mostras. Cara o horizonte, na parte central superior está o penedo de 1.5 metros alcumado rocha Tortuga. Xusto antes da rocha Tortuga atópase a agarradoira de cor branca dun instrumento de recollida de mostras, lanzado ata alí por Mitchell como se fora unha xavelina. O compañeiro de Mitchell na superficie da Lúa e primeiro norteamericano no espazo, Alan Shepard, tamén empregou un ‘ferro seis’ feito a medida para golpear dúas pelotas de golf. Unha das pelotas de golf de Shepard é visible como un puntiño branco xusto debaixo da xavelina de Mitchell.