Categorías
Uncategorized

Atopado na Lúa: candidata á rocha terrestre máis antiga

Crédito do vídeo: NASAAstromaterials 3DErika Blumenfeld et al.

Explicación: atopouse na Lúa a rocha terrestre máis antiga? É bastante posible. A historia comeza coa misión lunar do Apolo 14. A mostra lunar 14321 é unha gran rocha atopada no cráter Cone polo astronauta Alan Sheppard. Cando foi analizada de volta na Terra atopouse un fragmento máis semellante ás rochas terrestres que a outras rochas lunares. Para maior sorpresa, a mostra foi datada recentemente en 4 000 millóns de anos, sendo polo tanto máis vella (dentro do erro da medida) que calquera outra rocha atopada na Terra. Agora a principal hipótese sostén que un antigo impacto cometario ou o impacto dun asteroide proxectou fragmentos de rochas terrestres ao Sistema Solar e algúns caeron na Lúa, misturándose co quente chan lunar e outras rochas, enfriou e fragmentouse de novo. O video amosa un escaneado de raios X interno da mostra 14321 amosando múltiples seccións con composicións químicas diferentes. As rochas da Lúa aínda son estudadas para aprender máis sobre a historia da Lúa, da Terra e dos comezos do Sistema Solar. Este venres cúmprese o 50 aniversario da aterraxe na Lúa do Apolo 14.