Categorías
Uncategorized

Un colorido meteoro das Cuadrántidas

Crédito da imaxe e Copyright: Frank Kuszaj

Explicación: os meteoros poden ser coloridos. Mentres que o ollo humano non pode distinguir moitas cores as cámaras ás veces si que poden. O que se ve na imaxe é un meteoro das Cuadrántidas capturado cunha cámara sobre Missouri, EUA, a comezos deste mes. O meteoro non só foi brillante se non tamén colorido. A area brillante, probablemente un fragmento do asteriode 2003 EH1, iluminou o seu paso a través da atmosfera terrestre. As cores dos meteoros normalmente orixínanse pola ionización dos elementos liberados durante a desintegración do meteoro. As cores azul verdoso típicamente proveñen de magnesio, o violeta do calcio e o verde do níquel. O vermello sen embargo, acostuma provir do nitróxeno e osíxeno ionizado na atmosfera terrestre. A meteórica bóla de lume desapareceu nun estalido en menos dun segundo, pero deixou no aire un trazo ionizado que permaneceu visible durante varios minutos.