Categorías
Uncategorized

A árbore da Aurora

Créditos da imaxe e Copyright: Alyn Wallace

Explicación: Sí, pero pode a túa árbore facer esto? A imaxe amosa unha coincidencia visual entre as ramas escuras dunha árbore cercana e o brillo dunha aurora lonxana. A beleza da aurora — combinada coa forma en que semella imitar á árbore próxima — hipnotizou ó fotógrafo ata tal punto que se esqueceu momentaneamente de facer fotografías. Vista dende o ángulo correcto, semella que esta árbore tiña a aurora por follas. Afortunadamente, antes de que a aurora se metamorfease nunha forma xeral diferente, volveu en sí e capturou esta asombrosa coioncidencia momentánea. Típicamente provocadas por explosións solares, as auroras están causadas por electróns de alta enerxía que impactan a atmósfera da Terra a preto de 150 quilómetros de altitude. A inusual colaboración entre a Terra e o ceo foi presenciada en marzo de 2017 en Islandia.

Categorías
Uncategorized

O lugar de aterraxe do Perseverance dende o Mars Reconnaissance Orbiter

Créditos da imaxe: NASA/JPL-Caltech/MSSS

Explicación: Visto dende a órbita un día despois da dramática chegada á superficie marciana, o lugar de aterraxe da Perseverance identifícase nesta vista de alta resolución dende o Mars Reconnaissance Orbiter. A imaxe da cámara do orbitador tamén revela a localización da etapa de descenso da misión Mars 2020, o escudo térmico, o paracaídas e o cuberta traseira que transportou á Perseverance ata a superfice de Marte. Cada recadro anotado exténdese 200 metros (650 pes) ó longo do solo do Cráter Jezero. Perseverance está localizado no centro do patrón creado polos escapes dos foguetes da etapa de descenso que mantivo suspendida e baixou ó rover ata a superficie. Seguindo a maniobra da grúa aérea, a etapa de descenso alonxouse ata unha distancia segura para o rover, e o seu lugar de descanso final está indicado por un patrón de refugallos escuros en forma de V. Ó caer á superficie pouco despois da súa separación na secuencia de aterraxe, as localizacións da coraza térmicao paracaídas e a coraza traseira están marcadas na imaxe de alta resolución dende a órbita de Marte.

Categorías
Uncategorized

Mars Perseverance Sol 3

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSSASU

Explicación: Ensambladas no planeta Terra, 142 imaxes individuais compoñen este panorama de 360 grados dende o chan do cráter Jezero en Marte. As imaxes de alta resolución en cor tomounas a cámara con zoom do rover Perseverance, Mastcam-Z durante o sol 3 da misión, tamén coñecido coma 21 de febreiro de 2021. No primeiro plano da vista da Mastcam-Z’ está a cuberta do rover do tamaño dun automóbil. As amplas zonas de cor claro no solo marciano xusto mais alá limpáronas os foguetes da etapa de descenso durante a dramática chegada do rover o 18 de febreiro. O bordo do cráter Jezero de 45 quilómetros de ancho elévase na distancia. Nos vindeiros soles, Perseverance explorará o antigo sistema lago-delta no crater, en búsqueda de signos de pasada vida microscópica e recolleitando mostras para un posible regreso futuro ó planeta Terra.

Icono de Validado por la comunidad
Categorías
Uncategorized

Sobrevoo a Venus

Créditos da imaxe: NASAJHUAPLNaval Research Lab, Guillermo Stenborg e Brendan Gallagher

Explicación: na súa misión de exploración da heliosfera interior e a corona solar, o 11 de Xullo de 2020 a sonda solar Parker da NASA capturou coa súa cámara de campo amplo esta incrible vista da cara nocturna de Venus a unha distancia duns 12 400 quilómetros. A nave facía a súa terceira de sete manobra de asistencia gravitatoria sobrevoando o planeta interior. As manobras de asistencia gravitatoria están deseñadas para que a gravidade de Venus axude a alterar a órbita da nave para achegarse ata 6 millóns de quilómetros da superficie solar a finais de 2025. Nesta imaxe sorprendente, a cámara lateral semella buscar entre as nubes a rexión escura central coñecida como Aphrodite Terra, a chaira máis grande da superficie venusiana. O anel brillante no borde do planeta é o brillo nocturno probablemente causado polos átomos de osíxeno excitados recombinándose para formar moléculas nas capas altas da atmosfera. As raias e manchas brillantes que cruzan a imaxe débense probablemente a partículas cargadas e po próximo á cámara que reflexan a luz solar. Os astrónomos do planeta Terra seguramente recoñecerán as familiares estrelas do cinto de Orión e a espada abaixo á dereita.

Categorías
Uncategorized

Galaxia espiral M66 vista polo Hubble

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleJanice LeeProcesado e Copyright: Leo ShatzTexto: Karen Masters

Explicación: sempre é bo ter unha nova vista dun vello amigo. Esta espectacular imaxe cercana da galaxia espiral M66 feita polo Telescopio Espacial Hubble é sinxelamente eso. A galaxia espiral M66 cunha pequena barra central é membro do triplete de galaxias de Leo, un grupo de tres galaxias a uns 30 millóns de anos luz de distancia dende aquí. O triplete de Leo é un obxectivo popular de telescopios relativamente pequenos, en parte por que M66 e as súas compañeiras M65 e NGC3628 teñen unha separación angular entre elas semellante a unha Lúa chea. A imaxe do Hubble de M66 axuda a investigar a conexión entre a formación estelar e as nubes de gas molecular. Son claramente visibles as estrelas máis azuis e as nubes de hidróxeno ionizado de cor rosa espalladas ao longo dos brazos espirais, así como as liñas escuras de po nas cales pode esconderse máis formación estelar.