Categorías
Uncategorized

Arcos no ceo ártico

Créditos da imaxe e Copyright: Giulio Cobianchi

Explicación: que son os dous arcos xigantes que cruzan o ceo? Quizáis un sexa máis familiar que o outro, á esquerda, a banda central da Vía Láctea. Este gran disco de estrelas e nebulosas semella aquí rodear o ceo cara o sur. Visible baixo o arco estelar atópase o planeta anaranxado Marte e a galaxia de Andrómeda. Durante uns poucos minutos durante esta fría noite ártica, un segundo arco xigante apareceu á dereita rodeando o ceo cara o norte: unha aurora. As auroras están moito máis preto de nós cas estrelas e están compostas de aire brillante na atmosfera terrestre. Visible por riba do arco verde da aurora atópase o grupo de estrelas popularmente coñecido como o Setestrelo. A imaxe amosada é unha composición dixital de 18 imaxes capturadas a mediados de decembro sobre as Íllas Lofoten en Noruega.