Categorías
Uncategorized

Unha constelación histórica brasileira

Créditos da imaxe e Copyright: Rodrigo Guerra

Explicación: O ceo nocturno está cheo de historias. Culturas ó longo da historia proxectaron algunhas das súas máis duradeiras lendas nas estrelas. Xeracións de persoas ven estas constelacións estelares, escoitan historias asociadas e transmítenas á seguinte xeración. Destacada aquí está quizáis a constelación menos familiar do Home Vello, longo tempo coñecida polos pobos Tupi, nativos das rexións de América do Sur coñecidas agora coma Brasil. O Home Vello, en linguaxe máis moderna, pode estar composta polo cúmulo estelar das Hyades como a súa cabeza e o cinturón de Orión como parte dunha perna. O folclore tupí conta que a outra perna foi amputada pola súa esposa infeliz, causando que rematara nunha estrela laranxa coñecida coma Betelgeuse. O cúmulo estelar das Pleiades, no extremo esquerdo, pode ser interpretado coma unha pluma da cabeza. Na imaxe destacada, o coxo Home Vello está reflexado nunha persoa que posa no primeiro plano. O folclore do ceo nocturno é importante por moitas razóns, incluido que rexistra a herdanza cultural e documenta a universalidade da intelixencia e imaxinación humana.