Categorías
Uncategorized

O cúmulo estelar R136 estoura

Créditos da imaxe: NASAESA, & F. Paresce (INAF-IASF), R. O’Connell (U. Virginia) et al.

Explicación: No centro da cercana rexión de formación de estrelas atópase un enorme cúmulo que contén algunha das estrelas máis grandes, quentes e masivas coñecidas. Estas estrelas, coñecidas colectivamente coma cúmulo estelar R136, parte da Nebulosa da Tarántula, capturáronse na imaxe destacada en luz visible en 2009 a través do Telescopio Espacial Hubble. As nubes de gas e po na Nebulosa da Tarántula, foron esculpidas en formas alongadas por poderosos ventos e radiacións ultravioletas deses cúmulos de estrelas quentes. A Nebulosa da Tarantula atópase no interior dunha galaxia veciña coñecida coma a Gran Nube de Magallanes e está a uns 170.000 anos luz de distancia.