Categorías
Uncategorized

Titán: lúa sobre Saturno

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechSpace Science Institute

Explicación: igual que a Lúa terrestre, Titán, a maior lúa de Saturno está bloqueada en rotación síncrona respecto ao planeta. Este mosaico de imaxes capturadas pola sonda Cassini en maio de 2012 mostra a cara oposta a Saturno, a cara que sempre mira na dirección oposta ao xigante gasoso. A única lúa do sistema solar cunha atmosfera densa, Titán é tamén o único mundo do sistema solar ademáis da Terra que conten masas líquidas na sua superficie e un ciclo de choiva líquida e evaporación como na Terra. A súa capa de néboa a alta altitude é evidente nesta vista dende Cassini desta lúa de 5 000 quilómetros de diámetro capturada sobre os aneis e as nubes de Saturno. Preto do centro atópase a rexión de dunas coñecida como Shangri-La. A sonda Huygens enviada á superficie pola nave Cassini repousa abaixo e ás esquerda do centro da imaxe, sendo a aterraxe máis distante feita por unha nave.