Categorías
Uncategorized

NGC 1365: maxestoso universo illado

Crédito da imaxe e Copyright: Mike Selby, Leonardo Orazi

Explicación: a galaxia espiral barrada NGC 1365 é verdadeiramente un maxestos universo illado duns 200 000 anos luz de tamaño. Localizada a uns 60 millóns de anos luz da Terra cara a constelación do Forno, NGC 1365 é o membro predominante do ben coñecido cúmulo de galaxias do Forno. Esta imaxe de nítidas cores amosa as intensas rexións de formación estelar de cor vermella preto dos extremos da barra central e ao longo dos brazos espirais, con detalles das escuras liñas de po que cruzan o núcleo brillante da galaxia. No núcleo atópase un buraco negro supermasivo. Os astrónomos pensan que a prominente barra de NGC 1365 ten un papel crucial na evolución da galaxia, introducindo o po e o gas nun remuíño de formación estelar e alimentando de material o buraco negro central.