Categorías
Uncategorized

Eclipse solar total 2020

Crédito da imaxe e Copyright: Miloslav Druckmuller, Andreas Moller, (Brno University of Technology)

Explicación: ao longo dun estreito corredor atravesando o sur de América do Sur por Chile e Arxentina, a derradeira Lúa nova de 2020 moveuse por diante do Sol o 14 de decembro na única eclipse solar total do ano. A dous días do seu perixeo, o punto de maior achegamento na súa órbita elíptica, a superficie da Lúa nova é levemente iluminada polo brillo da Terra nesta composición. A imaxe é un procesado composto por 55 exposicións calibradas no rango de 1/640 a 3 segundos. Cubrindo un amplo rango de brillo durante a totalidade revela a escura superficie lunar sobre un feble fondo de estrelas xunto ás enormes protuberancias solares de tamaño planetario, enormes execcións de masa coronal e estructuras coronais que normalmente quedan ocultas polo brillo do Sol. Ollando máis de cerca, alvíscase o cometa da familia Kreutz (C/2020 X3 SOHO) achegándose dende abaixo á esquerda, sobre a posición das 7 horas. En 2021 os cazadores de eclipses terán a oportunidade de ollar unha eclipse anular o 10 de xuño. Aínda que para a primeira eclipse solar total terán que agardar ata o 4 de decembro. Esta eclipse sucederá ao longo dun estreito corredor a través da Antártida.

.