Categorías
Uncategorized

A Pequena Nube de Magallanes

Créditos da imaxe e Copyright: José Mtanous

Explicación: Qué é a Pequena Nube de Magallanes? Pois resultou ser una galaxia. A xente que se preguntou acerca deste pequeno parche borroso nos ceos do Sur incluiu ó navegante portugués Fernando de Magallanes e á súa tripulación, que estudaron durante moito tempo o descoñecido ceo nocturno do sur durante a primeira circunnavegación do planeta Terra a principios de 1500. Como resultado, dúas maravillas celestiáis fácilmente visibles para os observadores do hemisferio sur coñécense agora na cultura occidental como as Nubulosas de Magallanes. Nos últimos 100 anos, os investigadores amosoran como estas nubes cósmicas son galaxias irregulares ananas, satélites da nosa máis grande espiral Galaxia Vía Láctea. A Pequena Nebulosa de Magallanes exténdese en realidade uns 15.000 anos luz e contén varios centos de millóns de estrelas. A uns 210.000 anos luz de distancia, na constelación do Tucán (Tucana), está máis lonxe que outras galaxias satélite da Vía Láctea coñecidas, incluindo a galaxia anana de Saxitario e a Gran Nube de Magallanes. Esta nítida imaxe tamén inclúe na dereita do primeiro plano o cúmulo globular estelar 47 Tucanae