Categorías
Uncategorized

Espectros vermellos a 100.000 fotogramas por segundo

Créditos do video e Copyright: Matthew G McHarg, Jacob L Harley, Thomas Ashcraft, Hans Nielsen

Explicación: Qué causa os espectros vermellos (sprites)? Misteriosas ráfagas de luz no ceo que momentáneamente semellan xigantes medusas grabáronse durante máis de 30 anos, pero aparte dunha asociación xeral cos lóstregos nube-terra, a súa causa principal permanece descoñecida. Algunhas tormentas eléctricas téñenos, pero a maioría non. Recentemente, non obstante, os vídeos de alta velocidade están detallando mellor cómo os espectros se crean realmente. O vídeo destacado, tomado a mediados de 2019, é o suficientemente rápido — preto de 100.000 frames por segundo — para a resolución temporal de varias “bombas” de espectros que caen e se desenrolan nos múltiples fluxos serpenteantes que aparecen nas imaxes fixas. Desafortunadamente, as pistas visuais proporcionadas por vídeos coma estes non resolven plenamente os misterios da orixe dos espectros. Non obstante, os vídeos de alta velocidade sí indican a algúns investigadores que os espectros teñen maiores probabilidades de ocorrer cando existen irregularidades no plasma na atmosfera superior.