Categorías
Uncategorized

Lúa en colodión húmido do século XXI

Crédito da imaxe e Copyright: Mike Smolinsky

Explicación: a mediados do século XIX unha das primeiras tecnoloxías fotográficas empregadas para capturar a superficie da Lúa foi o procedemento de colodión húmido, moi empregado polo astrónomo Warren De la Rue. Para capturar a imaxe, recúbrese unha placa vidro sensibilizado con nitrato de prata cunha mistura espesa e transparente, expónse no telescopio e obtense un negativo da imaxen sobre a placa. Para manter a sensibilidade fotográfica, todo o proceso, dende o recubrimento da placa ata a súa exposición tense que completar antes de que a placa seque nuns 10 a 15 minutos. Esta versión moderna dunha imaxe por colodión en placa húmida celebra os comezos da fotografía lunar reproducindo o proceso empregando químicos modernos para recubrir unha placa de vidro mercada nunha ferraxería do século XXI.
A imaxe capturada o pasado 28 de novembro nunha toma de 8×10 e un telescopio de xardín, reflexa moi correctamente os grandes cráteres, as brillantes raias e escuros e suaves mares desta Lúa crecente. Dixitalizada posteriormente, a imaxe na placa tiña 8.5 centímetros de diámetro e a exposición durou 2 minutos. A sensibilidade fotográfica efectiva da placa húmida foi preto de ISO 1. Nos vosos teléfonos intelixentes, o sensor da cámara probablemente teña unha sensibilidade no rango de ISO 100 a ISO 6400 (e tense que manter seco…).