Categorías
Uncategorized

Galaxias e o Polo Sur Celeste

Créditos da imaxe e Copyright: Petr Horalek, Josef Kujal

Explicación: O Polo Sur Celeste é sinxelo de detectar nas imaxes de rastro de estrelas no ceo austral. A extensión do eixo da Terra cara o Sur, está no centro de tódolos arcos do rastro estelar. Neste panorama estrelado que se extende uns 60 grados ó longo dos profundos ceos austrais o Polo Sur Celeste está nalgún lugar preto do medio, flanqueado por brillantes galaxias e as xemas celestes do Sur. A través da parte superior da imaxe están as estrelas e as nebulosas ó longo do plano da nosa propia Galaxia Vía Láctea. Gamma Crucis, a estrela xigante amarelenta encabeza a Cruz do Sur preto da parte superior do centro, ca oscura extensión da nebulosa Saco do Carbón agochada baixo o brazo cruzado na esquerda. Eta Carinae e o resplandor vermello da Nebulosa Gran Carina brillan ó longo do plano galáctico preto do borde dereito. Na parte inferior están as nubes Grande e Pequena de Magallanes, galaxias externas por dereito propio e satélites da poderosa Vía Láctea. Unha liña dende Gamma Crucis a través da estrela azul na parte inferior da cruz do sur, Alpha Crucis, apunta hacia o Polo Sur Celeste, pero onde está exactamente? Só busca a estrela do polo sur Sigma Octantis. Análoga a Polaris, a estrela do polo norte, Sigma Octantis está a pouco máis dun grado do polo Sur Celeste.