Categorías
Uncategorized

A nube molecular escura Barnard 68

Créditos da imaxe: Equipo FORS8.2-metros VLT AntuESO

Explicación:  A onde foron todas as estrelas? O que se soía considerar un buraco no ceo é agora coñecido polos astrónomos como unha escura nube molecular. Aquí, a alta concentración de po e gas molecular prácticamente absorbe a totalidade da luz visible emitida polo fondo de estrelas. Os misteriosos arredores escuros axudan a facer dos interiores das nubes moleculares algúns dos máis frios e máis aíllados lugares no universo. Unha das máis notables destas escuras nebulosas de absorción é unha nube hacia a constelación do Serpentario (Ofiuco) coñecida coma Barnard 68, representada aquí. Que non haxa estrelas visibles no centro indica que Barnard 68 está relativamente preto, con medicións que a sitúan a uns 500 anos luz de distancia e cun medio ano luz de anchura. Non é ben coñecido como se forman exactamente as nubes moleculares coma Barnard 68, pero sábese que estas nubes son en sí mesmas lugares probables para a formación de novas estrelas. De feito, atopouse que a mesma Barnard 68 é probable que colapse e forme un novo sistema estelar. É posible ollar a través da nube en luz infravermella.